martes, 26 de febrero de 2013

Non iPod, non iPhone, non iDiñeiro



Como comezar este artigo se non suscitándonos as cuestións que nos roldan pola cabeza unha e outra vez.
Esta crise afectará ao consumo da xeración dos medios? Á xeración do consumo? Unha xeración en constante contacto coa publicidade? De verdade pensamos que á mocidade do ``shopping´´ vai importarlle a actual crise económica unha vez que pase?

Nós, ante esta situación actual que enche constantemente os noticiarios con embargos, desaloxos,sentímonos indefensos, pero quizais somos os que menos, desde un punto de vista externo, sufrimos este problema económico. Preocupados? O xusto somos uns inconscientes? , aventúrome a dicir que si.
Cada ano, peor. Somos cada vez máis pobres e estamos cada vez máis endebedados: en España, o 21,8% dos fogares españois atópanse por baixo do limiar de risco de pobreza. É dicir, teñen menos de 627 euros por persoa ao mes para subsistir. O ano pasado, esta porcentaxe situouse no 20,7%.( Enquisa de Condicións de Vida do INE , Europa Press)

Pero ao a hora da verdade , quen nos prohibe ou nos permite comprar ?

Non somos nós os que decidimos como administrar os ingresos do noso fogar, nin os que contamos o diñeiro ao final de mes, polo tanto non existen preocupacións ,entretémonos cunha ou dúas series da televisión mentres outros nos arranxan os nosos problemas.

O ter os ollos pechados é moi cómodo.

Autor: Carlos Polo Rosales

No hay comentarios:

Publicar un comentario