miércoles, 27 de febrero de 2013

A CRISE ECONÓMICA MUNDIAL: A QUÉN AFECTA?


En xeral a crise económica afecta a todos os países e en cada un deles pasa o mesmo, é dicir, en España por causa desta crise moitas familias quedaron sen traballo, moitos establecementos pecharon porque a xente xa non pode mercar tanto como antes, ao aumentar o desemprego aumenta  o número de parados e todo isto lévanos a un bucle que parece que non ten fin. Todo está relacionado entre si, as familias ao non ter cartos non pode mercar os produtos que se venden nos establecementos, e estes vense obrigados a pechar.
Isto non é todo, moitas familias por mor do desemprego foron desaloxadas das súas casas por non poder pagalas, quedando así desamparadas.
Pero como xa comentamos anteriormente non só pasa isto en España, tamén pasa noutros países como por exemplo en Estados Unidos onde buscando por internet concretamente nun foro que se chama “yahoo respuestas” onde a xente pode opinar libremente sobre o tema  que se está a preguntar, nesta páxina atopei un comentario de alguén que reside en Estados Unidos que comenta un pouco como son as cousas por ese entorno, os acontecementos que pasan a causa da crise non son moi diferentes caos do noso país, afecta aos traballadores, as familias, empresas....
En xeral temos que a crise unha vez que afectou a un país o cal era por asi dicilo un país rico en cartos e que grazas a el outros países podían “moverse”, unha vez que ese país motor quedou afundido levou cn el a todos os países que de algún modo u outro estaban ligados a el, coma se un verme entrara  nunha mazá e empezará a roela, ao final toda a mazá acabaría apodrecendo como pasou coa crise, un enorme verme que se estendeu por todo o mundo.

Agora concretemos un pouco máis e vexamos como afecta a crise a os mozos, sabemos que a crise afecta a todo o mundo e que a meirande parte da poboación está a vivir uns momentos moi difíciles pero como estarán a levalo os máis novos?.

Aquí podemos ver mediante unha enquisa aos xóves como o 21,6% aspiran a ter moitos cartos mentres que o 50% dos adolescentes aspiran a ser triunfadores, as mozas queren ser actrices e cantantes mentres que os mozos queren ser futbolistas e deportistas.
Por outro lado tamén hai algúns que no se interesan nada polos estudos. En resumo, podemos ver que hai un puco de todo,é dicir, algúns adolescentes teñen pensado ser alguén na vida e gañar moitos cartos,outros van decidindo as súas decisións con calma e outros esperan que terceiras persoas lle solucionen a súa vida/manteñan.


Autora: Jennifer Cancelas Ríos 1ºBAC B

No hay comentarios:

Publicar un comentario