miércoles, 27 de febrero de 2013

CONSUMO RESPONSABLE E ALIMENTOS MÁIS CONSUMIDOS POLOS MOZOS


A hora de facer unha compra,o 30,8% dos adolescentes fíxanse no prezo do produto; o 25,6% decídense pola estética ou deseño do produto e só o 2,5 % compra o que é útil ou necesario.7 de cada 10 mozos afirman que acostuman mercar as cousas que están de moda,isto ocurre máis nas nenas que nos nenos,xa que eles son un 62,7% mentres que elas un 78,1%.
As actitudes e comportamentos máis frecuentes no momento de consumir alimentos polos mozos son as de comparar diferentes prezos e fixarse na calidade.Seguido polas actitudes medianamente frecuentes é fixarse na data de caducidade,gardar o ticket de compra e ter en conta as ventaxas.E por último,as actitudes e comportamentos menos frecuentes son as de valorar a duración do produto,informarse das carecterísticas,valorar a necesidade e por último fixarse na etiquetaxe.
É importante resaltar que o  48,5% dos adolescentes non coñecen ningún órgano ou axencia de contacto en caso de reclamación.O 44,5% sería dirixido para a tenda onde comprou o elemento e só 2,2% dirixiríase dirixido para o fabricante.
Finalmente, o 55% dos adolescentes entrevistados afirman ter oído sobre medidas de consumo responsable e 53,3% dixeron que lles gustaría ter máis información sobre as actitudes e comportamentos que forman parte do consumo responsable.
O 45% dos mozos nunca escoitou falar do consumo responsable, especialmente cando se considera o volume de proxectos e actividades realizadas nesta área, tanto de organismos públicos e privados e as escolas , profesores, empresas, etc.
Alimentos máis consumidos polos mozos:
A  xuventude de hoxe en día é  moi esixente, sobre os produtos que consumen na casa.Moito diso é debido á globalización e os cambios que están ocorrendo no mundo.
Moitas das nosas demandas son para a calidade e os niveis de normas polas que un produto
debe ter para ser liberado para a venda.

Diego Martínez Rodríguez

No hay comentarios:

Publicar un comentario