miércoles, 27 de febrero de 2013

DEFINICIÓN DE CONSUMO RESPONSABLE



Defínese este termo coma unha actitude por parte dos consumidores e dos usuarios que implica facer un consumo consciente e crítico, e este consumo demóstrase tanto a hora de mercar coma empregando os recursos de maneira eficiente no fogar. http://www.consumoresponde.es/articulo-cr/%C2%BFque-es-el-consumo-responsable

Nun artículo que atopei na web chamoume moito a atención o seu título “Adolescentes consumidos por el consumismo” o que me lanzou a lelo. Nel mediante os últimos anuncios emitidos na televisión recentemente critícase que os artigos máis demandados sexan os produtos tecnolóxicos máis recentes. Isto compárase coa situación dos adultos que son eles os que levan as costas a meirande parte do problema da crise. Tamén neste artigo mencionase que tipo de sociedade se quere formar nun futuro bastante próximo co tipo de anuncios que estamos a ver hoxe en día. Dende o meu punto de vista a meirande parte dos mozos non son conscientes do problema que abrangue ao noso país, e efectivamente como ben comenta o artigo son os adultos os que cargan o problema ás costas.

Noutro artigo publicado no xornal “El país” atopamos o argumento oposto ao que agora vos acabo de dicir. Neste falase de que cada vez aumenta o número de adolescentes que se preocupan máis polo paro e pola crise, e en realidade teñen motivos para preocuparse, pois son eles os que en apenas uns poucos anos, se a situacion non mellora, poden estar no paro. Segun conta o artigo este estase a converter nun dos problemas principais na vida dos adolescentes. Atopamos aquí un estudio que nos informa de que a metade dos entrevistados
teñen o problema de saber escoller ben unha carreira, o 44% preocúpalle as dificultades que van ligadas os estudios, e por detrás disto queda a preocupacion de algúns por ter unha relacion amorosa que conforman un 26.3% e un 25.9% por ter cartos. O 15% toman conciencia tanto da situacion economica como da crise. Neste mesmo artigo tamén se lle realizou unha entrevista os mozos sobre o que queren ser de maiores. O 45% dos entrevistados queren triunfar na vida, e aquí interveño eu, e quen non quere triunfar? pero por desgracia cada un ten o que lle toca e é mellor aceptar a realidade que andar a facerse falsas ilusións. Bueno continuando cos datos do dito artigo donde o 32% desexan ser moi traballadores e o 31% responsables:

Laura Romero

No hay comentarios:

Publicar un comentario