viernes, 1 de marzo de 2013

COMO AFECTA Á CRISE AOS MOZOS E MOZAS?


Eu como moza, penso que a crise sí que nos afecta a toda a xuventude.
Cando antes podíamos ir cada mes a comprar algo de roupa, actualmente non se pode facer iso. Eu por exemplo, antes ía a comprar algo por puro capricho, agora, só o podo facer cando necesito algo concreto, ou teño que facer algún regalo.
O mesmo ocorre cando por exemplo, un grupo de amigos queda unha tarde para dar unha volta. Antes ao mellor, non saían do quiosco de comprar todo tipo de doces, agora, entran unha vez en toda a tarde, e para comprar o mínimo. Qué vos di isto? Pois que os mozos, ven como na súa casa se está a pasar por un tempo bastante malo. Algúns teñen os pais en paro, e só reciben 5 euros cada semana, outros, os xa maiores de idade, vense na obriga de buscarse algún traballo que poidan compaxinar cos seus estudos, para poder así, aportar algo na casa.
Outro exemplo de que a crise sí que afecta a xuventude, é, por exemplo, os mozos que antes ían a moitas actividades extraescolares, como son estar nun equipo de futbol, baloncesto, ir a natación, ou calquera outro tipo de deporte ou actividade, teñen a obriga, tanto como si é dos pais, ou unha obriga que se fan eles mesmos, de deixar de practicar o dito deporte ou actividade.
Despois de ver estes poucos exemplos, podemos sacar a conclusión de que a crise sí que afecta nos afecta, e cada vez faino máis, e máis axiña. Dende moi pouca idade, os rapaces xa se dan conta do que está a ocorrir coa economía das súas casa na actualidade.


Tania Silva Carrera 1ºBach B

jueves, 28 de febrero de 2013

CÓMO AFECTA A CRISE AOS MOZOS ACTUAIS?

A crise con respecto aos niveis de consumo non afecta aos adolescentes xa que os niveis de consumo de drogas, por exemplo, é máis amplo ou o mesmo que hai uns anos. 5,68 millóns de españois consumen alcol, e cada vez dáse máis nos mozos de 20 anos; según unha estatística de 2009.
Os xoves non toman conciencia da crise xa que hai uns anos, cando recibiron a súa educación, os seus pais lle proporcionaban todo o que necesitaban, sen embargo, agora algúns deses pais que antes dispoñían de cartos, agora poden estar pasando aunténticas penurias para chegar a fin de mes ou mesmo estar pedindo cartos prestados para que non lle quiten a casa e non ter que vivir á intemperie, e a maioría das cousas que fan, os xóvenes non saben aprecialas. Moitos deses pais non teñen para a educación privada que lles proporcionaban aos seus fillos, ou inclusive unha paga semanal ou mensual que ahora ansían recuperar. Os adolescentes, en cambio, non entenden que non lles poidan comprar o novo modelo de i-pad ou que non lles poidan dar diñeiro para a entrada dun concerto ou para unhas vacacións cos seus amigos; diñeiro que, por outra parte, se emprega para comprar comida ou pagar a casa ou piso, para subsistir.
Poñamos un exemplo para que se vexa a evidencia: o nadal. No nadal os adolescentes, eu incluída, estamos acostumados a regalos caros ou un produto novo que acabe de saír ao mercado. Sen embargo, cando vemos envolto o paquete duns calcetíns, pixama ou camiseta desilusionámonos porque esperabamos que os nosos pais nos poidan dar todo o que nos deron.
Poñamos outro exemplo, o entroido. No entroido non se conforman con poñer o disfraz do ano pasado, ou facelo en casa aproveitando telas; non. No entroido o que queren é estrear disfraz, en lugar de ver o que poderían facer con eses cartos. Algúns compran a tela e mándano facer sen pensar o desembolso de cartos que iso supón para os seus pais, outros cómprano; pero, aínda por riba, quéreno exclusivo, diferente dos demais, o que os leva a gastar unha porcentaxe de diñeiro aínda maior.
Un artigo do xornal ‘Da Vanguardia’ datado en Novembro do ano 2005 dí que máis de tres millóns de persoas adolescentes son vítimas da moda e do consumismo. Un terzo dos adolescentes españois defínense como ‘’caprichosos’’. Nesa data os adolescentes consumistas representaban un 7,4% da poboación e os estudos indicaban que en 2010 rozarían os 4 millóns, de idades comprendidas entre 13 e 19 anos. Con respecto ao sector da roupa, gástanse algo máis de 2.400 millóns de euros en tendas como Zara, Stradivarius e Bershka.

Sara Ríos Pérez
1º BACHILLERATO B

miércoles, 27 de febrero de 2013

ESTÁ A SERVIR A CRISE ECONÓMICA GLOBAL PARA QUE A XUVENTUDE TOME CONCIENCIA DUN CONSUMO RESPONSABLE?

Vivimos nun século no que os nosos pais e avós poden contrastar a diferencia de dúas épocas, pois naceron e creceron en época de crise, xa que a fame era común entre as familias, algunhas das necesidades primarias volvíanse secundarias, como por exemplo o uso da roupa, xa que normalmente uns herdaban a roupa doutros durante dúas ou tres xeracións aproveitándoas ao máximo. Outra desas necesidades, é a hixiene; nas casas non había auga corrente, nin electricidade, co cal, para manter a hixiene persoal, levaba un traballo previo, xa que se tiña que ir a buscar auga á fonte e para quentala era preciso ir a por leña ao monte para facer o lume. Todo requería un traballo. A xeraxión de 1970 notou este cambio, como xeración máis cercana aos adolescentes actuais, pois os nosos pais pertencen a esa xeración, e por defecto os nósos avós.
Actualmente a nosa xeración descoñece os traballos da mocidade de antes, pois dende pequenos non tiñamos obrigas, nin necesidades que nos obrigasen a pasar necesidade de nada. Xa dende pequenos levamos tendo unha vida de comodidades, o que para nós son cousas básicas, fai unha década era algo inpensable.
Agora estamos a vivir no seo doutra crise económica, que nos afecta dun modo máis acentuado, xa que vimos de estar toda unha vida acomodados e mantidos dunha forma pouco costosa para nós. Hoxe en día, elementos que non están clasificados de primeira necesidade para a nosa xeración son imprescindibles, xa que dentro das necesidades básicas, como son o alimentarse, un fogar, ou simplemente relacionarse, atribuímos o estar conectados entre nós mediante redes sociais, ou competir entre nós con marcas comerciais de calquera tipo de ben de consumo non básico. Isto xera unha competencia por ter máis cos demais e polo tanto un nivel de vida medio-alto. O que fai que ao caer nunha depresión económica, non nos mentalicemos do que nos temos que privar para axudar a nosa propia familia e a nós mesmos xa que temos como costume os hábitos que nos inculcaron de cativos.
Aínda que fagamos un esforzo nesta etapa de depresión e tomemos mentalidade dun consumo responsable, teremos en mente que soamente será un fragmento no tempo, e que xa ben sexa cedo ou tarde, isto rematará e poderemos seguir cos nosos costumes e coa nosa calidade de vida, xa que a nósa mentalidade está libre de preocupacións e só prevemos o bon por vir, e non estamos dispostos a deixar escapar oportunidades dun alto nivel de vida nestes momentos, xa que temos en conta a nosa idade; pois se falamos de xuventude falamos dunha etapa única, irrecuperáble, na que a duración na súa estancia non ten prezo.

Ana Gil Trigo, 1º Bacharelato B

ESTÁ A SERVIR A CRISE ECONÓMICA GLOBAL PARA QUE A XUVENTUDE TOME CONCIENCIA DUN CONSUMO RESPONSABLE?

A continuación imos presentar a nosa argumentación en contra do tema en cuestión.
Para iso imos poñer a vosa disposición enlaces con información que o corroboren. O primeiro punto a ter en conta é:
-Cremos en realidade que a xuventude toma conciencia do seu consumo?
Nunha época de crise como a que estamos vivindo agora debemos ter en conta que os adolescentes miran máis polas súas prioridades, como poden ser:                                                                                        renovar o gardaroupa, comprar unha consola de nova xeración ou abastecerse de alcol para o botellón do sábado noite. Os mozos seguen unha sociedade que impón unha serie de canons para poder “encaixar” nela, e se para iso teñen que comprar o ultimo modelo de consola ou a roupa máis moderna pois vanno a facer, porque a maioría da xuventude pensa soamente no que están a vivir agora, non no que estrán a vivir dentro duns anos.
Según un estudo do  instituto DEP  realizado en Cataluña para l´institut Catala de consum, o 72,4% dos mozos afirman que lles gusta moito ou bastante mercarse cousas para eles mesmos. Estes datos afirman que aínda que tamén prefiran facer outro tipo de actividades como: quedar cos seus amigos, escoitar música, facer deporte etc, o consumo tamén se convertiu nunha das súas actividades que lles divirten e motivan.
Cando os mozos teñen que realizar unha compra,  un 30,8% fíxanse  no precio do produto, un 25,6% fíxase na estética do produto e só o 2,5% menciona se a compra de ese produto é necesaria. Do mesmo xeito, 7 de cada 10 mozos din que habitualmente só compran cousas que estén de moda, feito que é moito máis frecuente nas mulleres (78,1%) e menos frecuente nos homes (62,7%).
Como podemos ver, por os anteriores porcentaxes, en xeral os mozos non son moi responsables a hora de economizar nas súas compras e moito menos de comprar simplemente por pura necesidade aínda habendo esta enorme crise na que estamos sumidos.
Pero a pregunta é serán conscientes do mal que está o mundo hoxe en día co tema da crise? ou simplemente escoitan crise pero como a moitos deles non lle toca vivir a peor parte desta non a toman en serio?, porque eles igual miran nas noticias a xente que non ten que comer nin onde durmir pero igual eles pensan que iso nunca lles vai pasar a eles e por iso seguen as súas vidas facendo o mesmo ca sempre comprando por comprar etc.
Igual o que lles faría falta sería máis información de xente que está a sufrir esta crise para decataranse do mal que se pode pasar, xa que eles non levan unha casa, facturas, comida etc.




Jennifer Cancelas Ríos y  1º Bac B
María Riobó Antepazo      

A CRISE ECONÓMICA MUNDIAL: A QUÉN AFECTA?


En xeral a crise económica afecta a todos os países e en cada un deles pasa o mesmo, é dicir, en España por causa desta crise moitas familias quedaron sen traballo, moitos establecementos pecharon porque a xente xa non pode mercar tanto como antes, ao aumentar o desemprego aumenta  o número de parados e todo isto lévanos a un bucle que parece que non ten fin. Todo está relacionado entre si, as familias ao non ter cartos non pode mercar os produtos que se venden nos establecementos, e estes vense obrigados a pechar.
Isto non é todo, moitas familias por mor do desemprego foron desaloxadas das súas casas por non poder pagalas, quedando así desamparadas.
Pero como xa comentamos anteriormente non só pasa isto en España, tamén pasa noutros países como por exemplo en Estados Unidos onde buscando por internet concretamente nun foro que se chama “yahoo respuestas” onde a xente pode opinar libremente sobre o tema  que se está a preguntar, nesta páxina atopei un comentario de alguén que reside en Estados Unidos que comenta un pouco como son as cousas por ese entorno, os acontecementos que pasan a causa da crise non son moi diferentes caos do noso país, afecta aos traballadores, as familias, empresas....
En xeral temos que a crise unha vez que afectou a un país o cal era por asi dicilo un país rico en cartos e que grazas a el outros países podían “moverse”, unha vez que ese país motor quedou afundido levou cn el a todos os países que de algún modo u outro estaban ligados a el, coma se un verme entrara  nunha mazá e empezará a roela, ao final toda a mazá acabaría apodrecendo como pasou coa crise, un enorme verme que se estendeu por todo o mundo.

Agora concretemos un pouco máis e vexamos como afecta a crise a os mozos, sabemos que a crise afecta a todo o mundo e que a meirande parte da poboación está a vivir uns momentos moi difíciles pero como estarán a levalo os máis novos?.

Aquí podemos ver mediante unha enquisa aos xóves como o 21,6% aspiran a ter moitos cartos mentres que o 50% dos adolescentes aspiran a ser triunfadores, as mozas queren ser actrices e cantantes mentres que os mozos queren ser futbolistas e deportistas.
Por outro lado tamén hai algúns que no se interesan nada polos estudos. En resumo, podemos ver que hai un puco de todo,é dicir, algúns adolescentes teñen pensado ser alguén na vida e gañar moitos cartos,outros van decidindo as súas decisións con calma e outros esperan que terceiras persoas lle solucionen a súa vida/manteñan.


Autora: Jennifer Cancelas Ríos 1ºBAC B

INFORMACIÓN SOBRE CONSUMO RESPONSABLE


O Consumo responsable, como interactúa  a xuventude fronte a crise.


Podemos dicir que ás mentes dos mozos ,sobre todo eses adolescentes aloucados cuxa idea prioritaria nas súas mentes é saír  de festa e pasalo ben,comprar.., atendendo a ese pensamento deberíamos formularnos as seguintes cuestións¿ Como afecta o consumo responsable a xuventude?¿Son os xóvenes de hoxe en día conscientes da súa situación económica?¿Como actúan de cara ó futuro?¿Atopan a crise como un obstáculo directo ou súfrenno a longo plazo a través da familia?

O concepto de consumo responsable é moi grande, como é a actividade de comer. Podemos, con todo, acotalo en tres bloques:
1.-ética do consumo, os valores a seren introducidos como unha variable importante para consumir ou opte por un produto. Damos especial na austeridade como valor relativo á redución de consumo verde, pero tamén para o crecemento económico eo consumismo desenfreado como unha forma de alcanzar benestar e felicidade.
2.-A de consumo verde, que inclúe, por esta orde, o famoso "Rs" do movemento ambiental: Reducir, reutilizar e reciclar, pero que tamén inclúen elementos esenciais, tales como a agricultura e a gandería, a elección de produción artesanal, etc.
3.-social de beber ou de Solidariedade, que tamén introducir o Comercio Xusto, é dicir, o consumo en conta as condicións sociais e de traballo que desenvolveu un produto ou servizo producido. Este é só o suficiente para pagar o traballo feito, tanto para as persoas de outros países, como o máis próximo do noso local, trátase de eliminar a discriminación, xa sexa por mor da cor da pel ou orixe distinta, ou xénero ou relixión é aumentar a integración e alternativas sociais e buscar unha nova orde económica internacional.
Fonte:http://www.consumoresponsable.com/portada.htm  

Características do consumo responsable
 •   Axustar o consumo ás necesidades reais: preguntar se o que mercar o que precisamos ou non.
• Considerar o impacto ambiental do punto de vista do ciclo de vida do produto que compramos, tendo en conta todo o proceso de produción, transporte, distribución, consumo e residuos xerados no final da súa vida.
• Pregunta cal o tipo de comercio que promover.
• Asegurar a calidade do que mercar, a fin de adquirir bens máis saudables e duradeiros.

Fonte:http://www.economiasolidaria.org/consumo_responsable


Educación do consumo responsable

"Esta cuestión é moi complexa, e o problema non é resolto durante a noite, pero é a nosa responsabilidade de crear ás bases para resolver o problema no medio e longo prazo, pero como? Ben, existen tres partes implicadas profundamente, primeiras familias, seguidas polas escolas e do sector audiovisual, xa que son pequenos (e que é relativamente recente) teñen observado que o noso medio ambiente, consumir sen parar, poderiamos chamar a xeración desbotable, influenciado por anuncios de TV, pola presión social que sufrimos non estamos seguros da consola ou roupa ... pero que medidas podemos tomar?, pero non é só o consumo responsable'' anterior ``, tamén falamos sobre a economía de enerxía, etc . agora é a nosa responsabilidade educar a xeración inmediatamente no que pode ser chamado ``'' comportamento cívico consumista.

Fonte:http://www.karolyeli.blogspot.com.es/
Aquí podemos ver un pequeno vídeo da xuventude e o consumo responsable:

https://www.youtube.com/watch?v=lJwzBTE823Q

Jonathan Lis Carneiro 1ºB

INVESTIGACIÓN SOBRE CONSUMO RESPONSABLE


CONSUMO RESPONSABLE ENTRE A XUVENTUDE
 
As actitudes e comportamentos máis frecuentes:

1. Comparar diferentes precios
2. Fixarse na calidade
3. Entender o etiquetado

- As actitudes e comportamentos medianamente frecuentes:

4. Fixarse na fecha de caducidade
5. Guardar o ticket de compra
6. Tener en cuenta as vantaxes e desvantxes

- As actitudes e comportamentos menos frecuentes:

7. Valorar a duración do produto
8. Informarse das características
9. Valorar a necesidade
10. Fijarse no etiquetado

É importante destacar que un 48,5% dous adolescentes encuestados non coñece ningún organismo ou entidade á que dirixirse en caso de reclamación. Ou 44,5% dirixiríase ao establecemento onde comprou o artigo e só un 2,2% dirixiríase á empresa productora.


ARGUMENTOS A FAVOR
Actualmente estamos vivindo unha crise mundial. Esta crise inflúe en todas e cada unha das persoas á hora de consumir. Neste caso nós centraremos nos aspectos positivos, os cales influen nos xoves consumidores. Á hora de consumir non compraremos o innecesario, soamente o máis util e necesario. Segundo este artigo podemos ver como os adolescentes exercen un consumo responsable:
“Cando os adolescentes teñen que realizar unha compra, en primeiro lugar fíxanse no prezo do produto (30,8%), seguido de cerca polas características estéticas ou o deseño do produto (25,6%) e só o 2,5% menciona que a compra sexa útil ou necesaria. Da mesma forma, 7 de cada 10 mozas afirman que adoitan comprar cousas que están de moda, aínda que este feito dáse máis entre as mozas (78,1%) que entre os mozos (62,7%).
O estudo de Instituto DEP tamén quixo comprobar que relación teñen os adolescentes co consumo responsable. Cando se lles pregunta si realizan habitualmente 10 actitudes e comportamentos básicos de consumo responsable, atopámosnos/atopámonos con”

O consumo afecta á xuventude de hoxe en día xa que estamos moi acostumados a ter todo ou case todo o que desexamos. Fomos educados nese ámbito, é dicir, o consumismo, gastar e gastar sen reparar nas consecuencias. Ademais da familia e da escola, hai agora xovenes e adolescentes que están intimamente ligada ás novas tecnoloxías.
"Entón, o 80% dos adolescentes españois teñen un teléfono móbil, e en Barcelona 2001, 46,6% dos menores de 12-16 usou a Internet. escoitar música é a actividade de lecer máis común para mozos en Barcelona (93,9%), para que adolescentes e ata pre-adolescentes, son de fundamental importancia para a industria da música.
Este novo consumo ten as súas vantaxes, de acordo con funcionarios do instituto.  "En ningún momento, a sociedade fíxose máis complexa, aumentando o risco e ansiedade, e o consumo é unha forma de escape”
O perigo é que as necesidades básicas poden ser atendidas, pero a ambición ou o desexo de ser admirado son insaciables, como advirten os expertos. Nunha sociedade de consumo, existen tres fenómenos que son apropiados e que, xuntos, que o que ten sido chamado de vicio de consumo.
Por unha banda o vicio, para facer a compra. Algunhas persoas se acostumar a pasar o tempo en tendas de departamento ou compras ventá como unha forma de escapar do aburrimento. Esta tendencia pode ou non estar asociada a mercar compulsivo. En segundo lugar, un intenso desexo de adquirir algo que non é exacta e que, unha vez adquirida, perdeu todo o interese. Este viés está relacionada á insatisfacción coas situacións da vida.
Finalmente, asociada coa compra compulsiva, o crédito é o vicio, o que impide controlar os gastos de forma racional. As tarxetas de pago e outros instrumentos de crédito que nos invitan a mercar o que quere e producir un exceso de facilitar ese vicio. A inclinación de Xaneiro é un claro exemplo desa débeda e, polo tanto, transformar isto ten comercializado (como a maioría das cousas) de Nadal. Este fenómeno de sobre-endebedamento na UE en cuestión como un problema socio-económico, o que levou á existencia dun proxecto patrocinado polo Instituto Europeo interrexional de Defensa do Consumidor.

                     

Alba Pena e Alexandra Anechi