jueves, 28 de febrero de 2013

CÓMO AFECTA A CRISE AOS MOZOS ACTUAIS?

A crise con respecto aos niveis de consumo non afecta aos adolescentes xa que os niveis de consumo de drogas, por exemplo, é máis amplo ou o mesmo que hai uns anos. 5,68 millóns de españois consumen alcol, e cada vez dáse máis nos mozos de 20 anos; según unha estatística de 2009.
Os xoves non toman conciencia da crise xa que hai uns anos, cando recibiron a súa educación, os seus pais lle proporcionaban todo o que necesitaban, sen embargo, agora algúns deses pais que antes dispoñían de cartos, agora poden estar pasando aunténticas penurias para chegar a fin de mes ou mesmo estar pedindo cartos prestados para que non lle quiten a casa e non ter que vivir á intemperie, e a maioría das cousas que fan, os xóvenes non saben aprecialas. Moitos deses pais non teñen para a educación privada que lles proporcionaban aos seus fillos, ou inclusive unha paga semanal ou mensual que ahora ansían recuperar. Os adolescentes, en cambio, non entenden que non lles poidan comprar o novo modelo de i-pad ou que non lles poidan dar diñeiro para a entrada dun concerto ou para unhas vacacións cos seus amigos; diñeiro que, por outra parte, se emprega para comprar comida ou pagar a casa ou piso, para subsistir.
Poñamos un exemplo para que se vexa a evidencia: o nadal. No nadal os adolescentes, eu incluída, estamos acostumados a regalos caros ou un produto novo que acabe de saír ao mercado. Sen embargo, cando vemos envolto o paquete duns calcetíns, pixama ou camiseta desilusionámonos porque esperabamos que os nosos pais nos poidan dar todo o que nos deron.
Poñamos outro exemplo, o entroido. No entroido non se conforman con poñer o disfraz do ano pasado, ou facelo en casa aproveitando telas; non. No entroido o que queren é estrear disfraz, en lugar de ver o que poderían facer con eses cartos. Algúns compran a tela e mándano facer sen pensar o desembolso de cartos que iso supón para os seus pais, outros cómprano; pero, aínda por riba, quéreno exclusivo, diferente dos demais, o que os leva a gastar unha porcentaxe de diñeiro aínda maior.
Un artigo do xornal ‘Da Vanguardia’ datado en Novembro do ano 2005 dí que máis de tres millóns de persoas adolescentes son vítimas da moda e do consumismo. Un terzo dos adolescentes españois defínense como ‘’caprichosos’’. Nesa data os adolescentes consumistas representaban un 7,4% da poboación e os estudos indicaban que en 2010 rozarían os 4 millóns, de idades comprendidas entre 13 e 19 anos. Con respecto ao sector da roupa, gástanse algo máis de 2.400 millóns de euros en tendas como Zara, Stradivarius e Bershka.

Sara Ríos Pérez
1º BACHILLERATO B

No hay comentarios:

Publicar un comentario