miércoles, 27 de febrero de 2013


CRISE ECONÓMICA GLOBAL: ¿CÓMO AFECTA A XUVENTUDE?

Atualmente atopámonos baixo un xigantesco problema que levamos ás costas dende hai xa 5 anos. Este problema coñecémolo co nome de crise global. O significado da “crise global” recóllese no dicionario coma un cambio importante no desenvolvemento dun proceso que da lugar a unha inestabilidade que afecta a todo o mundo. Cando digo afecta a todo o mundo non vos estou a ser moi sincera, xa que nos atopamos con aquela minoría que se enriquece a conta dos que cada vez se sumerxe máis na ruína. Neste artículo centrareime só en como afecta a xuventude.Poderíamos diferenciar dous tipos de mozos. Por unha banda están aqueles que continuan o seu ritmo de vida igual que o facían antes, probablemente porque os seus pais seguen a manter o seu posto de traballo. Pero pola outra banda, que conforma a meirande parte dos mozos, atópanse aqueles que debido á situacion de desemprego na que se atopan os seus pais tiveron que enfrotarse a unha morea de recortes para poder chegar a fin de mes cun prato na mesa para cada membro da familia. Estes últimos son os que teñen que controlar os seus gastos e non despilfarrar, son os que teñen que ceñirse as súas necesidades e non mercar caprichos, son os que teñen que regular o seu consumo e claramente son os que teñen que aforrar. Pero tamén dentro deste grupo de xoves quizais só co seu pai o nai en paro seguen a pedir polo nadal abondosos agasallos electrónicos coma un teléfono móbil, un ordenador, unha tablet, entre outros. Aproveitando estas datas do Nadal paseime por unha tenda de electrónica do Corte Inglés e anecdoticamente era unha das seccións que estaba mais repleta de xente, este dato é un dos moitos que non chegarei  a comprender. Eran moitísimos os productos que estaban esgotados naquela tenda. Con ese apuntamento parece que estou a contradicir todo o comentado con anterioridade, verdade? Quizaves existan máis persoas vivindo nunhas condicións bastante aceptables das que eu pensaba.

Laura Romero Rúa

No hay comentarios:

Publicar un comentario