miércoles, 27 de febrero de 2013

ESTÁ A SERVIR A CRISE ECONÓMICA GLOBAL PARA QUE A XUVENTUDE TOME CONCIENCIA DUN CONSUMO RESPONSABLE?

A continuación imos presentar a nosa argumentación en contra do tema en cuestión.
Para iso imos poñer a vosa disposición enlaces con información que o corroboren. O primeiro punto a ter en conta é:
-Cremos en realidade que a xuventude toma conciencia do seu consumo?
Nunha época de crise como a que estamos vivindo agora debemos ter en conta que os adolescentes miran máis polas súas prioridades, como poden ser:                                                                                        renovar o gardaroupa, comprar unha consola de nova xeración ou abastecerse de alcol para o botellón do sábado noite. Os mozos seguen unha sociedade que impón unha serie de canons para poder “encaixar” nela, e se para iso teñen que comprar o ultimo modelo de consola ou a roupa máis moderna pois vanno a facer, porque a maioría da xuventude pensa soamente no que están a vivir agora, non no que estrán a vivir dentro duns anos.
Según un estudo do  instituto DEP  realizado en Cataluña para l´institut Catala de consum, o 72,4% dos mozos afirman que lles gusta moito ou bastante mercarse cousas para eles mesmos. Estes datos afirman que aínda que tamén prefiran facer outro tipo de actividades como: quedar cos seus amigos, escoitar música, facer deporte etc, o consumo tamén se convertiu nunha das súas actividades que lles divirten e motivan.
Cando os mozos teñen que realizar unha compra,  un 30,8% fíxanse  no precio do produto, un 25,6% fíxase na estética do produto e só o 2,5% menciona se a compra de ese produto é necesaria. Do mesmo xeito, 7 de cada 10 mozos din que habitualmente só compran cousas que estén de moda, feito que é moito máis frecuente nas mulleres (78,1%) e menos frecuente nos homes (62,7%).
Como podemos ver, por os anteriores porcentaxes, en xeral os mozos non son moi responsables a hora de economizar nas súas compras e moito menos de comprar simplemente por pura necesidade aínda habendo esta enorme crise na que estamos sumidos.
Pero a pregunta é serán conscientes do mal que está o mundo hoxe en día co tema da crise? ou simplemente escoitan crise pero como a moitos deles non lle toca vivir a peor parte desta non a toman en serio?, porque eles igual miran nas noticias a xente que non ten que comer nin onde durmir pero igual eles pensan que iso nunca lles vai pasar a eles e por iso seguen as súas vidas facendo o mesmo ca sempre comprando por comprar etc.
Igual o que lles faría falta sería máis información de xente que está a sufrir esta crise para decataranse do mal que se pode pasar, xa que eles non levan unha casa, facturas, comida etc.




Jennifer Cancelas Ríos y  1º Bac B
María Riobó Antepazo      

No hay comentarios:

Publicar un comentario