martes, 26 de febrero de 2013

A CRISE: LECCIÓN DE RESPONSABILIDADE PARA A XUVENTUDE


Sen unha peza, un puzzle non tería sentido, estaría coma incompleto. O mesmo ocorre co consumo dos mozos hoxe en día. A crise é un problema que estalle a servir aos adolescentes para poder tomar conciencia dun consumo  responsable. Case todolos días escoitamos dicir aos nosos maiores que para que queremos tantas cousas, pois eles antes contaban só con catro farrapos e eran máis felices ca nós. Do que non se dan conta é de que a sociedade, ademais de avanzar, cambia. Dende hai unha serie de anos atopámonos sometidos ante o gravisimo problema da crise mundial que desgraciadamente acabou coa felicidade de case toda a totalidade dos cidadáns. Pero dende o meu punto de vista coma adolescente, a crise estanos a servir coma lección de responsabilidade. Pode que antes os nosos pais podían enchernos de agasallos todos os días, pero hoxe en dia ese luxo só se o poden permitir unha moi mínima parte de xente. Antes acostumaba saír a tomar algo todas as noites coas miñas amigas, pero agora só quedamos unha vez cada semana. Eu, coma moitos mozos, encántame ir de compras e poder mercar todo o que queira, pero agora a meirande parte temos que agardar ás rebaixas para poder modificar o noso fondo de armario e así conseguir os mesmos artigos que antes custaban, por exemplo 40€, e collelo pola metade. A situación que cada un de nós ve a diario no seus fogares lévao a reflexionar sobre o consumo responsable, pois consumindo responsablemente axudaremos a economía familiar. Claramente, coma en todo, atopámonos con excepcións, pero se conseguimos que case a totalidade dos mozos adopte un consumo responsable teriamos como unha garantía para o futuro.
Este pasado Nadal resultou ser bastante duro para milleiros de familias, pois moitas delas non puideron agasallar aos seus pequenos. Nós, os adolescentes, segundo un estudio que atopei nun artigo do ABC, o 91% dos enquisados afirmou que se lle tocase a lotería do Nadal compartirían o seu premio cos seus familiares; se nos atopásemos noutra situación, isto non se daría do mesmo xeito senón que moitos de nós compraríamos algún capricho propio, por desgracia hoxe en día os caprichos non están presentes nas nosas vidas.
Xuntos debemos axudar aos nosos maiores a sacar adiante esta situación para asegurarnos un futuro moito mellor respecto a situación actual.

Autor: Laura Romero Rúa


No hay comentarios:

Publicar un comentario