miércoles, 27 de febrero de 2013

ESTÁ A SERVIR A CRISE ECONÓMICA GLOBAL PARA QUE A XUVENTUDE TOME CONCIENCIA DUN CONSUMO RESPONSABLE?

Vivimos nun século no que os nosos pais e avós poden contrastar a diferencia de dúas épocas, pois naceron e creceron en época de crise, xa que a fame era común entre as familias, algunhas das necesidades primarias volvíanse secundarias, como por exemplo o uso da roupa, xa que normalmente uns herdaban a roupa doutros durante dúas ou tres xeracións aproveitándoas ao máximo. Outra desas necesidades, é a hixiene; nas casas non había auga corrente, nin electricidade, co cal, para manter a hixiene persoal, levaba un traballo previo, xa que se tiña que ir a buscar auga á fonte e para quentala era preciso ir a por leña ao monte para facer o lume. Todo requería un traballo. A xeraxión de 1970 notou este cambio, como xeración máis cercana aos adolescentes actuais, pois os nosos pais pertencen a esa xeración, e por defecto os nósos avós.
Actualmente a nosa xeración descoñece os traballos da mocidade de antes, pois dende pequenos non tiñamos obrigas, nin necesidades que nos obrigasen a pasar necesidade de nada. Xa dende pequenos levamos tendo unha vida de comodidades, o que para nós son cousas básicas, fai unha década era algo inpensable.
Agora estamos a vivir no seo doutra crise económica, que nos afecta dun modo máis acentuado, xa que vimos de estar toda unha vida acomodados e mantidos dunha forma pouco costosa para nós. Hoxe en día, elementos que non están clasificados de primeira necesidade para a nosa xeración son imprescindibles, xa que dentro das necesidades básicas, como son o alimentarse, un fogar, ou simplemente relacionarse, atribuímos o estar conectados entre nós mediante redes sociais, ou competir entre nós con marcas comerciais de calquera tipo de ben de consumo non básico. Isto xera unha competencia por ter máis cos demais e polo tanto un nivel de vida medio-alto. O que fai que ao caer nunha depresión económica, non nos mentalicemos do que nos temos que privar para axudar a nosa propia familia e a nós mesmos xa que temos como costume os hábitos que nos inculcaron de cativos.
Aínda que fagamos un esforzo nesta etapa de depresión e tomemos mentalidade dun consumo responsable, teremos en mente que soamente será un fragmento no tempo, e que xa ben sexa cedo ou tarde, isto rematará e poderemos seguir cos nosos costumes e coa nosa calidade de vida, xa que a nósa mentalidade está libre de preocupacións e só prevemos o bon por vir, e non estamos dispostos a deixar escapar oportunidades dun alto nivel de vida nestes momentos, xa que temos en conta a nosa idade; pois se falamos de xuventude falamos dunha etapa única, irrecuperáble, na que a duración na súa estancia non ten prezo.

Ana Gil Trigo, 1º Bacharelato B

No hay comentarios:

Publicar un comentario