martes, 26 de febrero de 2013

CONSECUENCIAS DA CRISE NO CONSUMO DA XUVENTUDE


A crise económica iniciada no ano 2008 está a traer todo tipo de consecuencias tanto positivas como negativas. O punto negativo está maiormemente definido polo desemprego, especialmente entre os xóvenes, que ten sen traballar a máis de 5 millóns de españois.
No referente ao consumo é evidente que houbo un descenso deste e que paulatinamente téndese a controlar os custes familiares para tentar aforrar. E poderiamos pensar que este control realízase só por parte dos cabeza de familia pero tamén e co tempo en maior medida por parte dos máis pequenos da casa.  
Esta época está a servir para concienciar de que nestes tempos que corren debemos consumir os servizos fundamentais que precisemos para subsistir. Os adolescentes, mozos e mozas de entre 13 e 21 anos, que tenden a malgastar os poucos ingresos cos que contan, están a cambiar este hábito e pola contra tentan gastar o mínimo nas súas saídas. Se antes se reunían nalgún restaurante os fins de semana, ahora o fan nun establecemento de comida rápida. Se ben antes ían de compras todas as semanas, agora van unha vez por temporada e na súa maioría en período de rebaixas.
Tamén cabe considerar que a crise obriga a este descenso do consumo dos nosos mozos posto que non hai moito, practicamente calquera deles que contara cuns estudos básicos podía atopar traballo tanto na industria da construción ou na hostelería. Pero nestes momentos conseguir un oficio véndese moi caro e a formación que requiren é moito maior, o que por outra banda derivou en que moitos mozos e non tan mozos que no seu tempo abandonaron os seus estudos para poñerse a traballar, están voltando aos centros educativos para incrementar a súa formación académica. Así nos últimos cursos os alumnos matriculados na formación profesional aumentaron de maneira considerable. En definitva a crise non está a ser exclusivamente negativa posto que está incentivando un consumo responsable e está facendo que moitos MOZOS tomen conciencia de que necesitan duns estudos para poder dIsfrutar dun futuro digno.

Daniel Sobral Olivera

No hay comentarios:

Publicar un comentario